Pleno do Concello de Vilaboa celebrado no mes de agosto.

O goberno local reuniuse cos 24 profesionais do municipio para activar accións conxuntas e establecer unha canle de comunicación directa

O Goberno local de Vilaboa traballa nun programa específico de apoio ao comercio local co obxetivo de promocionar e respaldar tanto ás tendas de proximidade como aos establecementos hostaleiros. Este é o principal acordo acadado pola concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, e o edil de Turismo, Brais Sánchez, nas diferentes reunións que nas últimas semanas mantiveron con 24 hostaleiros do municipio e ás que o alcalde, César Poza, non acudiu presencialmente por permanecer confinado ao resultar positivo por Covid-19.

A campaña, que terá o seu reflexo no orzamento de 2021, estará orientada inicialmente á hostalería cunha campaña de marketing on line que contribúa a un mellor posicionamento dos establecementos locais, favorecendo a súa localización por parte das persoas que se acheguen de fora do municipio.

O Goberno local plantexa unha iniciativa global que vencelle a hostalería local coas
casas rurais e as viviendas de uso turístico de Vilaboa favorecendo unhas sinerxias de apoio que permitan posicionar a localidade como destino turístico trala pandemia.

Das reunións que o goberno local mantivo cos hostaleiros xurdeu tamén unha canle de comunicación directa, que o Concello está a utilizar dende hai xa varios días para facerlles chegar información e documentación do seu interese, como as liñas de axuda dos gobernos central e autonómico.

Crear unha asociación propia

A edil de Promoción Económica animou aos hostaleiros a crear unha asociación propia ou a integrarse nunha cun ámbito maior pero que permita ao sector ter un representante de Vilaboa que exerza como interlocutor do colectivo local.

Os acordos acadados co sector chegaron anoite ao pleno ordinario no que César Poza, que asisti de xeito telemático, aproveitó para recordar ao voceito do Partido Popular que foi a Xunta quen decretou o peche da hostalería “e polo tanto ten que ser esta administración a que habilite os mecanismos de axuda que estime oportunos”.

Poza suxiriu a Feijóo que evite mandar ao seu partido “polos concellos pedindo bonificacións” porque é algo “ridículo”. Neste sentido o alcalde recordou que o Concello de Vilaboa non recibiu nin un euro da Xunta para facer fronte ás consecuencias da pandemia, que incrementou considerablemente os gastos municipais que, por poñer so un exemplo, limpa e desinfecta de xeito periódico instalacións públicas, viais, parques, etc.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *