Unha persoa resulta ferida nunha colisión na que se viron implicados catro coches no punto quilométrico 5 da PO-313.
Os feitos ocorreron moi preto das dez e media. Foi, nese momento, cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente e, a partir de aí, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Morrazo, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.