Reunión das Anpas no Concello.

A concelleira de Educación, Marián Sanmartín, reuniuse con representantes das Anpas que participarán neste mercadiño, que se celebrará o sábado 11 de decembro na Alameda

A concelleira de Educación e Benestar Social, Marián Sanmartín, mantivo unha
reunión coas Anpas dos centros educativos de Marín de cara a organizar o Mini
Mercado de Nadal que todos os anos serve para iniciar o ambiente de Nadal na
vila e para apoiar a actividade dos nais e pais de cara ás actividades que realizan
durante o ano.

O Mini Mercado instalarase o sábado 11 de decembro na Alameda, na carpa que
despois será ocupada polas actividades infantís propias da programación do
Nadal. Por suposto, contará con todas as medidas sanitarias referentes á Covid-19
e estará aberta de 17.00 a 21.00 horas.

No mercadiño participarán as Anpas da EEI Nosa Señora do Carme, IES Illa de
Tambo, IES Mestre Landín, CPR San Narciso, CPR La Inmaculada, CEIP de Seixo,
CEIP de Ardán, CEIP da Laxe, CEIP do Carballal e CEP do Sequelo.

A organización do evento recaerá nos pais e nais destes centros, namentres que o
Concello se encargará de asumir todos os gastos. “O que pretendemos é que as
Anpas poidan recadar a totalidade do que consigan, sen que teñan que realizar
gasto algún e, por tanto, que se vexan beneficiadas da celebración do mercadiño”,
explicou Sanmartín.

Por outra banda, e a diferencia doutros anos, non se fará unha chocolatada dentro
do propio Mini Mercado. Serán nesta ocasións as ONGs de Marín as que colocarán
o mesmo día unha haima independente na que ofrecerán chocolate a todos os
que queiran colaborar, xa que todos os cartos recadados serán para os fondos
destas entidades sen ánimo de lucro.

De cara ás próximas semanas, o Concello seguirá anunciando novidades de cara á
celebración do Nadal, que traerá consigo toda a maxia característica destas datas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *