Garda Civil e Policía Local na noite do mércores durante o operativo contra o furtivismo.

Tamén atoparon a un asturiano escondido na area con 70 quilos. En total foron 315 quilos de marisco extraído ilegalmente no areal moañés

Un operativo da Garda Civil e da Policía Local de Moaña comisa 315 quilos de marisco na praia da Xunqueira e identifica a seis furtivos, cinco deles os mesmos veciños de Poio que foron pillados hai só unha semana facendo o mesmo nunha praia de Domaio. A actuación das forzas de seguridade e do garda pesca tivo lugar na madrugada do pasado mércores a iniciativa da Benemérita, dentro dunha acción contra o furtivismo.

Inicialmente identificáronse aos cinco furtivos de Poio, aos que se lle interviñeron sete sacos de moluscos cun peso de 245 quilos e un ancazo que tiñan metidos no maleteiro dun turismo. Pero durante un intenso rastrexo na mesma zona, localízase a outro vehículo identificado polo garda pesca, cinco sacos cun peso de 70 quilos escondidos na area e a unha persoa, veciño de Asturias, que estaba coa roupa mollada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *