O concerto do encedido das luces de nadal coa actuación dos alumnos e o profesorado da Escola Municipal de Música na praza do Concello será o pistoletazo de saída á programación de Nadal deste ano 2022. A concellería de Cultura fixo público o cartel este mediodía, no que se recollen os Rechouchíos que previstos para o venres 16 e 23 e o xoves 29. A Banda de Música Airiños do Morrazo no adro de San Benido, en Domaio, será o sábado 17 ás 17:00 horas, o Festival de Nadal da A.C.F. Charaviscas no C.S. Rosalía de Castro está previsto para ese mesmo día pero ás 18:00 horas e como peche da xornada, ás 20:00 horas, II Certame Cantos de Nadal no CEIP Reibón.
O domingo 22, a tradicional Feira do Nadal no paseo marítimo con actividades infantil e chocolatada e ás 19:45 horas Festival de panxoliñas na igrexa do Carmen. O venres xoves 22, gran Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música de Moaña. E un dos actos máis importantes destas festas será a chegada de Papa Noel, que percorrerá o centro e as parroquias para saudar a todos os nenos e nenas de Moaña entre as 16:30 e as 21:00 horas. Haberá unha recepción pola mañá na carpa Espazo Nadal de 11:30 a 14:00 horas. Na tarde de Noiteboa tamén está prevista a presenza da Charanga Moita Marcha polo centro urbano.
Os Alfombristas de San Martiño ofrecerán un obradoiro de alfombras de Nadal na carpa da contorna da praza de abastos previa inscrición no whatsApp 647769876. Ao día seguinte, cinema na sala Celso Parada de Quintela coa proxección de «Raia, o último Dragón» e o xoves 29 novo concerto de Nadal do CCMUS no Centro Multiusos de Domaio.
Moaña despedirá o ano entre as 11:00 e as 13:00 horas cunha precampanadas para os mozos na carpa e pola tarde o ruada de Fin de Ano a cargo da charanga Amigos A Cores. Desde as 00:00 horas, festas oficial de Fin de Ano co grupo Demasiadas sombras e poucas luces en Espazo Nadal.
Xa durante a primeira semana de xaneiro e para a benvida ao novo ano, xincana do comercio local e, como peche das festas do Nadal, o xoves 5 cabalgata dos Reis Magos. As súas maxestades sairán do peirao da Mosqueira ata a praza do Concello. En caso de mal tempo realizarase na carpa Espazo Nadal. E para os máis maiores, Festa da Noite de Reyes coa actuación do Grupo Ámbar e DJ.