As pegatinas de EU esta mañana na porta da oficina que usa AV dende xuño.

Parecía unha mañá calquera no Concello de Cangas, con acto previsto de presentación da próxima representación teatral de María Soliña, cando minutos antes de que arrincase a rolda de prensa produciuse unha disputa que puido escoitarse en todas as instalacións municipais. O militante de EU, Manuel Sotelo, «ocupou» o despacho que Alternativa dúas Veciños (AV) ten na terceira planta e colocou adhesivos coas súas siglas na porta cristaleira da entrada. Este foi o percal que se atopou o ex edil Mariano Abalo ao chegar esta mañá e polo cal pediu a intervención da Policía Local para que levantase acta do ocorrido.

«Foi unha acción perfectamente planificada, na que participaron a concelleira Aurora Prieto e o militante de IU Manuel Sotelo, ocuparon e colocaron pegatinas de IU na nosa oficina municipal, todo elo acompañado de insultos por parte do citado militante», así o describía aos medios pouco despois o propio Abalo. Unha actuación que o ex edil cualifica de «disparatada», «irracional» e «inxustificada» por parte de EU.

AV considera que «a asignación de locais xa quedou claro cando se discutiron os salarios e organización do goberno municiipal e sabendo que non existe problema para que todos os grupos contén con local propio» en alusión a que existen despachos dispoñibles no Concello dedicados aos grupos políticos. É o caso do que ocupaba Avante! na pasada lexislatura e que quedou sen uso tras as eleccións municipais. Ademais, cabe destacar que a edil Aurora Prieto, como concelleira de Cultura, conta tamén con outro despacho no Concello.

«Agardamos que a gamberrada e a irracionalidade de EU non garde relación coa firmeza e coherencia de AV ao reclamar claridade e transparencia, pois é chamativo que si dende o 10 de xuño Alternativa dos Veciños ocupa a súa oficina municipal veña agora EU a montar unha bronca sectaria e de odio contra a utilización dun dereito elemental como ter oficina municipal para a xestión de asuntos públicos», manifestaba Alternativa nun comunicado.

Alternativa dos Veciños asegura que «non vái entrar na liña de provocación e insultos de EU» pero, advirten, «iso non quere dicir que vaiamos a renunciar a defender os nosos dereitos e os da veciñanza, advertíndolle a Alcaldesa e Presidenta da Corporación que ou soluciona o problema creado ou farémola respònsable de todo o que poida acontecer», deixando neste sentido Alternativa todas as vías abertas que estén ao noso alcancer».

Quizá por todo este balbordo, e para evitar maior ruído porque o salón de plenos estaba repleto de veciños que acudiron para asistir ao acto de María Soliña, é polo que a rolda de prensa comezou sen a presenza de xornalistas, que agardaban na planta baixa á espera de facer a foto como así se indicou previamente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *