Ademáis, os axentes da Policía Local puseron outra sanción máis ao dono dun establecemento por falta de respeto á autoridade
A Policía Local de Moaña impuxo esta fin de semana, durante as noites do venres ao sábado e do sábado ao domingo, un total de seis denuncias a locais de hostalería que permanecían abertos máis tarde as as 23:00 horas e, por tanto, estaban a incumprir a normativa establecida polas autoridades sanitarias para a loita contra a pandemia. Todos estes establecementos están situados no centro urbano de Moaña.
A estas seis denuncias únese unha máis ao dono dun dos locais por unha falta de respecto á autoridade.