A concelleira Coral Ríos (chaqueta vermella) no acto.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu esta mañá o acto de entrega dos novos carnés de voluntarios a integrantes da Agrupación de Protección Civil de Moaña, ademáis de aos de Redondela, O Porriño e Soutomaior, nun acto celebrado na explanada exterior do edificio administrativo.

A delegada informou que a entrega destas acreditacións enmárcase na actualización e regularización dos integrantes das Agrupacións de Protección Civil da provincia de Pontevedra, un proceso que se realiza cada catro anos. Así, en canto ás novas incorporacións repartíronse 29 identificacións á agrupación de Redondela, 2 á do Porriño e unha á de Moaña e á de Soutomaior

A representante autonómica estivo acompañada polos alcaldes Agustín Reguera e Digna Rivas, os concelleiros do Porriño e Moaña Sergio Casal e Coral Ríos e por presidentes e outros membros destas entidades.

Tras destacar a importante labor que realizan as 33 agrupacións da provincia de Pontevedra das que acentuou a súa vocación de servizo público, pois recordou que “desde o primeiro día da pandemia xa estabades votando unha man”, Fernández-Tapias sinalou que “contan coa colaboración da Xunta tanto na entrega de achegas para o seu funcionamento como na dotación de material de primeiro nivel para as emerxencias”.

“Sodes un piar fundamental pola vosa capacidade de resposta, pero máis importante se cabe aínda pola vosa capacidade de traballo, polo que non podemos estar máis que agradecidos”, concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *