Voluntarios participando no Encontro de 2019.

En menos de dous meses, Moaña acollerá o 15 Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (EETG), que se celebrará entre o 5 e o 8 de agosto. A organización fai un chamamento á cidadanía para que participe no maior evento marítimo fluvial deste verán e “nos axude nesta gran festa da cultura marítima”. Poden ser voluntarias as persoas maiores de idade ou os mozos e mozas de máis de 16 anos (con autorización familiar ou dos titores legais).

O EETG diferencia sete áreas nas que @s interesad@s poden participar:

— Apoio loxístico na organización de eventos, actuacións, exposicións e obradoiros.

— Control de aforo e accesos.

— Supervisión e control de medios audiovisuais e novas tecnoloxías.

— Apoio ás tripulacións no mar (é recomendábel ter o título de PER e experiencia).

— Apoio na loxística do comedor, limpeza e desinfección (se fose preciso) e manutención das persoas participantes.

— Dinamización do espazo familiar.

— Atención e información ao publico (precisan alguén que fale inglés).

O voluntariado, que poderá escoller entre quenda de mañá ou de tarde, recibirá formación e estarán cubertas por un seguro de accidentes e responsabilidade civil concertado por Culturmar, unha das entidades organizadoras xunto co Concello de Moaña e a Asociación Recreativa Cultural Sueste. Ademais, faráselle entrega dunha camisola do evento, da acreditació e de material de continxencia fronte á Covid19, se fose necesario. Tamén recibirán manutención na súa quenda de traballo, ademais de certificación da súa participación.

As persoas interesadas deberán cumprimentar, antes do 25 de xullo, o formulario que está accesible a través da páxina web do evento. A organización resalta o papel da rede de voluntariado como un dos piares fundamentais para a coordinación e organización dun evento desta magnitude.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *