A Deputación de Pontevedra volve a ser referencia en materia de igualdade ao converterse na primeira de Galicia e unha das primeiras de España en contar con salas de lactación. A deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso, e o deputado de Facenda, Carlos López Font, visitaron estes dous novos espazos habilitados pola institución nas entreplantas do Pazo Provincial e o Edificio Administrativo, así como tamén as dúas salas de comedor que xa están a disposición das persoas traballadoras da institución nos citados edificios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *