Roubo de parte dos pasarenas.

O Concello de Marín quere denunciar o vandalismo que, de novo, se ceba con mobiliario público e que, ademais, neste caso é reincidente. E é que de novo, outro ano máis, volveron roubar as pasarenas que se colocan durante a tempada de verán na praia de Mogor para facilitar a accesibilidade ata o areal.

O Concello mercara estes elementos novos o ano pasado, facendo unha inversión de 3.500 euros. Este tipo de actos vandálicos e incívicos ao final afectan a toda a sociedade marinense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *