Visita a un aula do centro de Ardán.

A alcaldesa, María Ramallo; a concelleira, Marián Sanmartín e o director territorial de Educación, César Pérez Ares, percorreron o centro xunto á inspectora de Educación e ao equipo directivo, coñecendo espazos como a radio escolar e a aula sensorial

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, visitaron esta mañá o CEIP de Ardán, acompañadas polo director territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, e pola inspectora de Educación. Xunto ao equipo directivo, percorreron as instalacións para coñecer as melloras realizadas e as iniciativas que están a enriquecer a aprendizaxe do alumnado.

O encontro permitiu comprobar a evolución dun colexio situado nunha contorna natural privilexiada, que está a aproveitar as posibilidades das súas instalacións para incorporar novos recursos e propostas educativas. A implicación do equipo
directivo e da comunidade escolar, xunto co apoio e as axudas da Xunta de Galicia e do Concello, están a favorecer melloras tanto nos espazos como na dinámica de traballo nas aulas.

Unha biblioteca con voz propia

Un dos puntos da visita foi a biblioteca do centro, que conta cunha radio escolar propia. Dous alumnos amosaron ás autoridades os seus progresos radiofónicos e compartiron parte do traballo que desenvolven con este recurso.

A radio permite achegar a aprendizaxe a unha experiencia práctica na que o alumnado pode traballar a expresión oral, a comunicación e a colaboración. A súa incorporación á biblioteca amplía as posibilidades deste espazo como lugar de lectura, creación e participación. O seu equipamento, procede das axudas do programa de Polos Creativos.

Novos espazos para desenvolver capacidades

A comitiva coñeceu tamén a aula sensorial, na que se traballa desde distintas perspectivas o desenvolvemento de destrezas e aptitudes dos nenos e nenas.

Este espazo forma parte da aposta do centro por diversificar as ferramentas e as experiencias de aprendizaxe, incorporando propostas que atendan as distintas perspectivas o desenvolvemento de destrezas e aptitudes dos nenos e nenas.

Este espazo forma parte da aposta do centro por diversificar as ferramentas e as experiencias de aprendizaxe, incorporando propostas que atendan as distintas necesidades do alumnado e favorezan a súa participación.

Durante o percorrido revisáronse, así mesmo, melloras nos aseos e noutros espazos comúns, así como o traballo de decoración e acondicionamento co que a comunidade educativa está a crear unha contorna máis acolledora e estimulante

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *