Suciedade da praia de Rodeira esta mañá.

A praia de Rodeira, en Cangas, amence repleta de restos de botellón. Os servizos de limpeza atopáronse o areal e a súa contorna ata arriba de botellas, plásticos, latas e un sen fin de lixo.

Desde a concellería de Servizos que dirixe Aurora Prieto mostran a súa indignación e fan un chamamento á responsabilidade de todos aqueles que participan destas concentracións nocturnas non recomendadas en en este momento de pandemia e, que, ademais, deixan todo repleto de sucidade.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí