A garceta no peirao de O Con, en Aldán.

O Bng urxe á Xunta tomar as medidas necesarias para garantir a calidade das augas de uso pesqueiro e marisqueiro na contorna do porto de Aldán, no Concello de Cangas.

A urxencia motívase, explican, na necesidade de que o Parlamento se posicione canto antes sobre a adopción de medidas para garantir a calidade das augas de uso pesqueiro e marisqueiro na contorna do porto.

A actividade do porto de Aldán, no Concello de Cangas, nútrese fundamentalmente da pesca de baixura e do marisqueo, contando cun número considerábel de embarcacións, traballadoras e familias que teñen como sustento ditas actividades. Sin embargo, sufre a día de hoxe diferentes problemáticas que dificultan as condicións de traballo e mesmo afectan ás ganancias dos mariñeiros e mariñeiras.

Unhas instalacións de porto que califican de «insuficientes, tanto en tamaño coma en servizos, para a flota que alí traballa, moitas dificultades para amarrar e resgardar os barcos durante os temporais, ao non contar con medidas de abrigo, son algunhas das problemáticas que soporta este porto e as súas traballadoras».

Durante a época estival, ademáis, aseguran que véñense detectando outro tipo de problemas que «poñen en perigo a actividade marisqueira e pesqueira na zona». «Estamos a falar dun concello e dunha parroquia que soportan un grande fluxo de visitantes na época de verán, co conseguinte aumento na necesidade e uso dos servizos básicos e unha ocupación maior de lámina de auga», detallan.

O Bng engade que a gran maioría das zonas de marisqueo da zona están nunha catalogación A, que fala da boa calidade da auga e polo tanto do marisco, situación beneficiosa para o sector e para o consumidor. Pero, «é aquí onde se orixinan os problemas. Ao longo dos anos, o sector ven detectando diferentes irregularidades, como vertidos de fecais as augas da ría, que fan perigar a catalogación de zona A para as zonas de marisqueo, co gran prexuízo que conlevaría para os mariscadores e distintos produtores do sector do mar».

Na ría de Aldán a presenza de ducias de embarcacións recreativas sen ningún tipo de control sobre os seus fondeadoiros e cumprimento das condicións sanitarias das mesmas, é un problema que se vén repetindo e agravando ano tras ano. Isto provoca que haxa buques que estean durante semanas fondeados en zonas habituais de traballo, impedindo o mesmo, e que non se cumpra coa normativa vixente sobre seguridade marítima e o baleirado de augas negras e grises derivadas do uso diario dos seus ocupantes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *