Deseño da praza que expoñen os gañadores.

O estudo Villanueva y Pierres Arquitectos faise cun premio de 10.000 euros e coa adxudicación da redacción do proxecto, cunha partida de 18.595 euros

“Punto de Encontro”, de Villanueva y Pierres Arquitectos, é o proxecto gañador do concurso convocado polo Concello de Vilaboa en colaboración da Rede Ágora da Deputación de Pontevedra para humanizar o entorno da Praza do Toural dacordo coas características marcadas no PXOM e dando prioridade aos peóns é a seguridade viaria.

O primeiro premio deste concurso está dotado con 10.000 euros e a redacción do proxecto para a súa posterior execución, un traballo ao que o Concello destinará unha partida de 18.595 euros, financiado con cargo ao programa Ágora.

A este concurso de ideas concurriron un total de 16 proxectos, quedando en segundo lugar “Km0 Toural” dotado con 4.000 euros; en terceiro lugar “Filtro Masa Baleiro”, cun premio de 3.500 euros; o cuarto posto foi para “Historia de una plaza”, dotado con 2.500 euros e o quinto posto para “Vidaboa”, cun premio de 2.000 euros.

O concurso deixou tamén cinco accésits, cun premio en metálico de 1.500 euros, para os proxectos “A praza dos 61 lugares”, “Campo das festas”, “Jardín y lugar de encuentro”, “Praza Toural” e “Un paseo hacia la alameda”.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, destaca a elevada participación nesta convocatoria e a alta calidade dos traballos técnicos presentados, todos eles enfocados cara un prantexamento urbanístico que humanice o entorno para converter O Toural no núcleo de centralidade que necesita Vilaboa para medrar como municipio e no que as persoas, a súa seguridade e o seu goce do espazo público sexan a prioridade.

“Todas as ideas presentadas nos pareceron extraordinarias. O que buscamos é facer dese espazo diante do Concello un entorno peonil, unha área de encontro veciñal, de esparcemento para o poboación máis nova pero tamén para os maiores; queremos transformar ese entorno, que agora absorbe o tráfico

A resolución do concurso pon fin a un proceso que se iniciou hai menos dun ano e do que o alcalde informou persoalmente aos veciños nunha reunión mantida o pasado mes de novembro. Naquel encontro César Poza explicou a evolución urbanística do municipio de Vilaboa a través da proxección dunha serie de fotografías aéreas. Nesta mesma reunión o alcalde profundizou na necesidade de xerar un novo núcleo de centralidade arredor do que xirarán as principais posibilidades de desenvolvemento residencial e industrial do municipio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *