Comezarán o próximo venres no Daniel Castelao de Quintela co espectáculo de maxia «Igualdade, onde estás?»
Chega unha nova edición de Rechouchíos al Concello de Moaña. Desarrollaranse nunha primera edición nos meses de marzo e abril con seis propostas a realizar en diferentes parroquias da localidade. A primeira cita será o próximo venres 6 de marzo as 18:00 horas no centro sociocultural Daniel Castelao de Quintela co espectáculo de Fani Triana «Igualdade, onde estás?». A semana seguinte, o día 13, chegarán ao centro sociocultural Ramón Cabanillas en O Real a mesma hora coa narración oral Bichoas de Atenea García.
O 27 de marzo o centro cultural Rosalía de Castro de Domaio acollerá o concerto Gatuxo musical de Magín Blanco tamén as 18:00 horas. Carabranca, da contacontos Iria Pinheiro, interpretarase no centro sociocultural Castroviejo de Tirán e a semán seguinte, o 17 de abril, o multiusos de Meira será o espazo para o contacontos musical «Onde está o vento?» de Animar-T. Finalmente, o 24 de abril o teatro volverá o Daniel Castelao de Quintela con «Iriña bailarina» creado por Teatro Ghazafellos.
A entrada a todos os Rechouchíos será de balde ata completar a capacidade do recinto.
Incluidos na programación polo 8M
Esta edición dos Rechouchíos está incluida dentro da programación de actividades organizadas con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora do 8 de marzo. Por este motivo, e por primeira vez, participan tres concelleirías: Normalización Lingüística, Cultura e Benestar Social. Tres das actividades están financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Ademáis, e como novidade, tamén tres actividades contarán con interpretación en lenguaxe de signos.
Máis de 2000 persoas participaron na edición anterior
O ano pasado asistieron unha media de 84 persoas por actividade. En total pasaron 2337 persoas nos 28 Rechouchíos organizados polo Concello.