A placa da asociación tapada na porta da Casa do Pobo de Cangas.

A directiva do colectivo acusa á alcaldesa de mentir sobre un proxecto inexistente na Avenida de Bueu e esixe solucionar o bloqueo administrativo antes de acudir á Valodora do Pobo e presentar denuncia por vandalismo

A Asociación de Veciños Pedra Alta de Cangas ultima accións legais contra o Concello de Cangas se antes dos primeiros días de outubro non se desbloquea o uso do local social da Casa do Pobo. A Xunta Directiva do colectivo acusa directamente á alcaldesa, Araceli Gestido, de mentir e ocultar información nunha reunión oficial mantida co veciñario.

O punto máis grave para o colectivo vecinal é o bloqueo do local. Según detallan, a concelleira de Participación Cidadá, Lucía Docampo, leva cinco meses sen responder ás instancias presentadas, un silencio administrativo que pon en risco real unha subvención xa solicitada ante a Deputación de Pontevedra, que podería ser rexeitada por falta de local dispoñible. A asociación esixe unha resolución inmediata do informe sobre o dereito de uso do local, que reclaman desde hai seis meses.

Cabe lembrar que a asociación foi expulsada da Casa do Pobo a pesar de contar con autorización municipal que lle foi revogada de forma unilateral polo goberno local e sen aviso previo.

A isto súmase a acusación de que a alcaldesa faltou á verdade na reunión do pasado día 17, cando afirmou que o proxecto de humanización da Avenida de Bueu «estaba rematándose de facer», cando en realidade non existía, segundo a documentación municipal. De feito, e según destapou este medio, o goberno local tivo que adxudicar a présa a súa redacción por 17.908 euros horas antes do pleno do 24 de setembro, e aínda así o proxecto quedou fóra do plan de investimentos de 2026, deixando o barrio sen obras. Tamén, continúan enumerando, segue sen cumprirse a visita urxente prometida coa concelleira de Obras, e a asociación denuncia actos de vandalismo contra as súas placas identificativas seguen sen resposta municipal.

A directiva foi taxante: se nos primeiros días de outubro o Concello non desbloquea o local social, presentará de inmediato unha reclamación ante a Valedora do Pobo polo silencio administrativo e a ocultación do informe sobre o uso da Casa do Pobo, e unha denuncia formal ante as autoridades polo vandalismo e a substracción das placas identificativas da asociación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *