A Taberna A Retoral de Moaña, situada en San Martiño, repartiu o número agraciado co cruceiro que a Asociación de Hostaleiros de Moaña sorteaba entre os clientes dos establecementos asociados durante as festas do Nadal. O mozo de Domaio Artai Ruibal Verdeal foi o agraciado.
O premio foi entregado por representantes da Asociación, do restaurante e da concelleira de Promoción Económica do Concello de Moaña, Coral Ríos, no salón de plenos do Concello.