O gañador cos representantes da Asociación, o hostaleiro e a concelleira de Promoción Económica.

A Taberna A Retoral de Moaña, situada en San Martiño, repartiu o número agraciado co cruceiro que a Asociación de Hostaleiros de Moaña sorteaba entre os clientes dos establecementos asociados durante as festas do Nadal. O mozo de Domaio Artai Ruibal Verdeal foi o agraciado.

O premio foi entregado por representantes da Asociación, do restaurante e da concelleira de Promoción Económica do Concello de Moaña, Coral Ríos, no salón de plenos do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *