A ambulancia do 061 na porta do edificio no Latón.

A morte esta tarde dun veciño do barrio de O Latón, en Moaña, provocou malestar entre a veciñanza. O motivo é a falta dunha ambulancia de reforzo na comarca e, en consecuencia, o tempo que tardou o 061 en acudir á vivenda da vítima na segunda ocasión. Porque o que chamou a atención das testemuñas é que o 061 acudise dúas veces ao piso e primeira marchásese sen prestar a a asistencia.

Segundo fontes sanitarias preguntadas por este asunto, a ambulancia que se desprazou nun primeiro momento ata a vivenda do alertante foi a de Cangas porque a de Moaña atopábase ocupada nun servizo en Vigo. Ao chegar ao lugar ninguén lles abriu a porta nin tampouco contestaron ás reiteradas chamadas telefónicas que os propios sanitarios fixeron ao teléfono do falecido e cerciorarse de que o solicitante da asistencia seguía dentro. Tras notificar a situación, déronlles a orde de volver á base de Cangas para non deixar a este municipio sen atención ante calquera incidente.

Entre tanto, unha patrulla da Policía Local de Moaña acudiu ao piso e, como tampouco podían entrar pola porta, accederon ao interior desde a vivenda contigua. Foi entón cando atoparon a este moañés de 44 anos tendido no chan. Os axentes estiveron durante, polo menos, 20 minutos practicándolle as manobras de reanimación sen éxito á espera da chegada outra vez da ambulancia.

Aos 21 minutos volveu novamente ao lugar a ambulancia de Cangas porque a de Moaña seguía ocupada. Fíxoo cun médico do centro de saúde pero, nese momento, o mozo xa estaba falecido. As mesmas fontes aseguran que o tempo de resposta desde que os axentes avisan do achado é o mínimo debido a que se tardou 21 minutos en saír da base de Cangas, recoller aos sanitarios no centro de saúde e regresar á parroquia de Meira. Con todo, todo isto podería evitarse se houbese unha ambulancia de reforzo para que ningún municipio quede ao descuberto. Que os sanitarios estivesen no momento en que os axentes abren a porta dese posibilidades á vítima de continuar con vida.

Esta situación pon de manifesto a demanda do profesionais pero tamén da cidadanía da comarca do Morrazo ao Sergas dunha ambulancia de reforzo que permita actuar cando o resto estean ocupadas. A situación chegou a ser tan límite, fundamentalmente no verán, que nun servizo de parada cardíaca en Moaña interveu unha ambulancia da comarca do Louriña porque era a que quedaba libre na contorna máis próxima.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *