Portas entrando na Alcaldía.

O PSdeG de Cangas presentou oficialmente esta mañá por Rexistro do Concello a súa «renuncia para seguir nun goberno onde non hai goberno». Así xustifica Eugenio González, como portavoz do grupo municipal, a ruptura do pacto e a dimisión das dúas concelleiras que aínda quedaban dentro do executivo local baixo as siglas socialistas. González e a súa compañeira María del Pilar Nogueira xa foran cesadas pola alcaldesa, Vitoria Portas, o pasado 12 de xullo polo conflito na praia de Rodeira.

Dan por «roto» o pacto pero aseguran que seguirán traballando polo interese dos veciños e veciñas de Cangas.

A partir deste intre, e mentres non se produzan novos cambios, o goberno local de Cangas estará conformado por tres concelleiros e concelleiras e a Alcaldesa, que asumirá inicialmente as áreas dos edís socialistas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *