A Alcaldesa xunto a Rueda, o director xeral de Emerxencias e o xefe de Protección Civil de Cangas.

Alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, e vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, chegaron hoxe a un acordo para adquirir un vehículo contra incendios e salvamento para uso do Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas, co fin de afrontar as primeiras actuacións que se poden producir na loita contra o lume e nos labores de salvamento tanto no ámbito municipal de Cangas como nos concellos limítrofes nos que Protección Civil de Cangas tamén presta atención cando se lles require.

Nunha reunión mantida esta mañá en Santiago, na que tamén estiveron presentes o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xefe do Servizo de Emerxencias de Cangas, Cesáreo Coya, Portas e Rueda comprometéronse a asinar un acordo similar ao que xa se rubricou en 2020 e que o Concello de Cangas con Xosé Manuel Pazos á cabeza non cumpriu por non licitalo dentro do prazo previsto. A Xunta colaborará a través da orde de axudas do Goberno galego para equipamentos de emerxencias dotada con 932.000 euros.

Vitoria Portas xa mantivera varias conversacións telefónicas con Rueda sobre este asunto nas que se trasladou a necesidade que ten Cangas de contar cun novo vehículo de emerxencias ante o mal estado dos actuais, que superan os 15 anos de antigüidade e cuxas avarías son frecuentes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *