Una imaxe do festivas de edicións anteriores.

Este ano “Aturuxos ao Son da Ría” chega a súa oitava edición, e vén sendo unha cita obrigada para todos os amantes do baile e da música tradicional en Cangas. Ademáis, pretende ser ser unha referencia dentro do ámbito da tradición galega levando a cabo unha serie de actuacións ao ao aire libre, onde os asistentes poden gozar das formacións participantes en cada edición e de forma totalmente gratuíta.

As dúas principais ideas de “Aturuxos ao Son da Ría” son as de promover a tradición galega dentro do noso pobo, ofrecendo os distintos bailes e músicas por parte das diferentes agrupacións que nel participan, e darlle unha oportunidade aos grupos de mostrarse diante dos veciños e da xente de fóra de Cangas.

Xunto coa Concellería de Cultura do Concello de Cangas organizan e participan nesta oitava edición os seguintes grupos: Grupo folclórico Pais de San Roque,Agrupación de música e danza tradicional Ximalveira. Grupo folclórico Lembranzas da Ría, e Agrupación de música tradicional Peis D’Hos.

Coma en anteriores edicións pretendese achegar as actuacións as distintas parroquias do Concello asi este ano haberá actuación en Cangas, Hio e Aldán.

O programa deste ano empeza mañán 17 de xullo a partires das 21:00 horas no Adro do Hio coa actuación das Escolas do grupo folclórico Pais de San Roque e da agrupación de música tradicional Peis D’hos.

As seguintes actuacións serán:

24 xullo: 21:00 horas Cangas Escola de Agrupación de música e danza tradicional Ximalveira.e Grupo folclórico Lembranzas da Ría

31 Xullo 21:30 Cangas Agrupación de música tradicional Peis D’Hos.

1 agosto 21:00 Aldán Grupo folclórico Lembranzas da Ría

7 agosto: 21:30 Cangas Grupo folclórico Lembranzas da Ría

8 agosto 21:00 Hio Agrupación de música tradicional Peis D’Hos.

14 agosto 21:30 Cangas Grupo folclórico Pais de San Roque

15 Agosto 21:00 Aldán Agrupación de música e danza tradicional Ximalveira.

21 agosto 21:30 Cangas Agrupación de música e danza tradicional Ximalveira.

22 Agosto 21:00 Hio Grupo folclórico Pais de San Roque

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *