Estado dos tellados.

O PP de Bueu insta o goberno local a contratar unha empresa especializada en limpeza de tellados para a actuación en edificios cuxo mantemento recae no Concello como a casa número 2, o Centro de Saúde, o CEIP A Pedra, etc

Segundo explica o principal partido da oposición, nunha sesión plenaria xa solicitou a limpeza do tellado da casa número 2 da rúa Eduardo Vincenti, unha vivenda que, pola súa localización, transmitía unha imaxe de desleixo en pleno centro da vila que non se corresponde coa que se debe transmitir desde as Administracións Públicas. O crecemento de malas herbas, indican os populares, «até límites que bordean a falta de coidado e de atención é unha constante en numerosos edificios que ben pertencen ao Concello, ben o Concello ten a obriga legal de manter».

Con todo, desde o goberno local «non se toman todas aquelas medidas necesarias para evitar a proliferación de malas herbas nos tellados e garantir a limpeza debida, unha obriga de mantemento para o municipio e que, por obviala, pode chegar a repercutir nun maior gasto posterior por problemas derivados na cuberta. É, pois, necesario que o executivo contrate unha empresa especializada para a limpeza de edificios como a casa número 2, o Centro de Saúde, o CEIP A Pedra, etc.»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *