Cementerio de Bueu.

Os Xardíns do Antigo Cemiterio acollerán un acto o domingo ás 12.30 horas e nel haberá un recital poético con Míriam Ferradáns e un concerto coa violinista Lía Vilas

O Concello de Bueu organizará o próximo domingo, 1 de novembro, un acto de recordo laico polo Día de Defuntos, que se celebrará ás 12.30 horas nos Xardíns do Antigo Cemiterio, ao carón da Igrexa de San Martiño de Bueu.

A proposta naceu o pasado ano coa vocación de lembrar as persoas que xa non están con nós coma unha forma de homenaxealas no seu día. Dada a boa acollida na primeira edición, o Concello decidiu volver organizar este acto que, nesta ocasión, homenaxeará de forma especial ás persoas que perderon a vida no mar.

A programación arrancará cun recital poético da poeta local Míriam Ferradáns, no que palabra se converterá no centro da emotividade cunha selección de textos poéticos e literarios arredor da memoria, a perda e a vida compartida. Como contrapunto estará aactuación da violinista Lía Vilas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *