Señalización instalada polo Porto de Vigo en Domaio.
Señalización instalada polo Porto de Vigo en Domaio.

O Porto de Vigo xa tomou medidas para frear ás caravanas e autocaravanas nos accesos á praia da Tella e pantalán náutico de Domaio. Este martes colocaron os carteis nos que queda totalmente prohibido acampar, facer caravaning ou autocaraning en toda esa zona.

Queda pendentes ata a chegada do bo tempo remarcar as liñas de aparcamento e viais que desembocan no pantalán para que os vehículos aparquen nas prazas e non sobre a duna.

Os veciños de Domaio quéixanse o pasado mes de xuño da avalancha de caravanas e autocaravanas na praia da Tella e na contorna do pantalán de Domaio polo uso continuado das duchas municipais que utilizan como “baño” e porque aproveitaban a súa estancia para verter os váteres químicos.

O motivo foi o efecto chamada dunha web especializada en roteiros e estancias para estes vehículos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *