Esta madrugada, sobre as dúas, unha patrulla da Policía Local e outra da Garda civil de Moaña foron alertadas por uns viandantes de que na praia da Xunqueira había unha moza que estaba tumbada na area chorando e gritando. Durante a estancia dos axentes no areal pasou por varias fases, dende a tristeza á euforia.
Unha vez no lugar os policías puideron comprobar que esta muller estaba a chorar e desorientada e non daba respostas coherentes. Ante esta situación déuselle aviso ao 061 que traslado á paciente ao Hospital Álvaro Cunqueiro.