O recurso de Ferrovial á licitación do contrato para o cambio da iluminación pública a led foi rexeitado, como tamén o foi o que hai un mes presentou Tecuni. Fíxoo a proposta da alcaldía e abalado polos técnicos e contou co voto favorable de ACE e BNG e a abstención dos edís do PSdeG, PP e Avante!. Isto permitirá continuar coa contratación do servizo á UTE San José-Siel Vigo.

O que si contou co voto favorable de todos as agrupacións políticas foi a petición de apoio aos percebeiros cangueses exposta polo Patrón Maior da Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas tras a decisión tomada pola consellería do Mar no conflito da mexilla. «Os percebeiros de Cangas pediron que se protexese a Costa da Vela para que non se puidese extraer mexilla pero a Consellería decidiu que nin percebeiros nin bateeiros. Nos consideramos que a Costa da Vela é primordial para Cangas porque hai 50 familias deica que viven do percebe nese tramo durante oito ou nove meses do ano», expuxo Javier Costa.

O que si tivo máis debate foi a moción do BNG para ocupar as prazas vacantes que se eliminaron polo Plan de Axuste en servizos públicos municipais considerados esenciais. Tamén a presentación aos grupos da oposición do novo documento da RPT consensuado cos representantes legais dous traballadores nun prazo dun mes e un Plan cronolóxico para súa execución. Neste caso, todos os partidos, fóra dos dous edís da agrupación nacionalista (a concelleira Lourdes Rial non asistiu por precaución ao ser contacto de positivo), abstivéronse o que permitiu que a proposta queda aprobada por dous votos a favor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *