Emerxencias e Policía Local atendendo á vítima nun atropelo anterior.

Segundo Policía Local e Protección Civil, un home de media idade resultou ferido no xeonllo dereito ao ser atropelado por un coche cuxo condutor deu marcha atrás sen decatarse de que pasaba un peón pola parte traseira.

Ocorreu ao redor das 16:00 horas na Avenida de Bueu, en Cangas. Ata o lugar achegouse unha patrulla da Policía Local de Cangas, Protección Civil e unha ambulancia do 061 que trasladou ao hospital ao ferido.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *