Os concelleir@s de ACE, PSdeG e Bng nun pleno.

A proposta da alcaldesa de desestimar a alegación contou cos votos a favor de BNG e ACE e coa abstención de PP, Avante! e PSdeG

O » minipleno» extraordinario celebrado onte no Concello de Cangas para debater sobre o recurso presentado por Tecuni á licitación do contrato á UTE San José-Siel Vigo para o cambio da iluminación pública a led non deu avalou as alegacións da empresa contra a adxudicación do consistorio. O partido do goberno, ACE, e BNG votaron a favor da proposta da Alcaldía de rexeitar este recurso para poder avanzar no proceso de instalación. Pola súa banda, o resto dos partidos da oposición, PP, Avante! e PSdeG decidiron absterse aínda que argumentaron nos seus discursos estar de acordo co informe dos técnicos municipais no que se basea a rexedora. Socialistas e populares tamén se abstiveron no pleno extraordinario de adxudicación celebrado o pasado 18 de outubro.

O rexeitamento do pleno supón poder avanzar na tramitación do contrato e, por tanto, no inicio da instalación das luminarias led en Cangas. Polo contrario,
de saír adiante supoñería un atraso importante ata culminar o percorrido administrativo que marca a lexislación. Aínda así, segundo informou a alcaldesa, Vitoria Portas, o pleno deberá seguir dando o visto e prace aos diferentes paquetes nos que está dividida a contratación.

Trátase dun proxecto no que desde o Concello leva traballando moito tempo e para o que se conseguiu unha subvención por parte do IDAE de case 2,7 millóns de euros, polo que das arcas públicas municipais só terán que saír 512.000 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *