Atracciones instaladas na comarca do Morrazo.

Cangas, con 357 casos, e Marín, con 318, son os municipios con máis contaxios do Morrazo. Moaña deixou de encabezar a clasificación de municipios da comarca e queda en terceiro lugar con 294 positivos

A sexta onda avanza imparable e segue azoutando a todas as localidades da comarca do Morrazo, pero especialmente agora a Cangas e Marín que contan con 357 e 318 casos activos (46 e 59 máis desde o 24 de decembro), respectivamente.

Moaña, que tamén segue sumando positivos, faio agora máis lentamente e, mesmo, experimentou unha leve baixada na fin de semana. Se o 24 contabilizábanse 283 casos, o Día de Nadal subían a 301 e tan só un día despois, o 26, caían ata os 294 positivos.

Bueu, segundo o mapa do Sergas, ten 138 casos e Vilaboa 83.

Ante esta grave situación, algúns concellos da comarca do Morrazo xa se están plantexando suspender algunhas das actividades programadas para Nadal e, especialmente, para a tarde de Reis. Esta tarde está previsto un novo comité clínico na Xunta, que se prevé longo, para estudar a implantación de novas restricións para a noite de Fin de Ano e as cabalgatas dos Reis Magos. As conclusións faranse públicas mañá.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *