O BNG de Cangas presenta unha moción ao pleno do próximo 23 de decembro na que propón instar ó goberno municipal á convocatoria urxente das prazas vacantes permitidas polo Plan de Axuste para contratación do persoal necesarios nos servizos públicos municipais. Tamén, á presentación aos grupos da oposición o novo documento da RPT consensuado cos representantes legais dos traballadores nun prazo dun mes e un Plan cronolóxico para súa execución.
Segundo expón o BNG na redacción da moción, a situación de amortizar prazas por xubilacións ou vacantes por outros motivos dende o 2012 coa Ley Montoro foi deixando a maioría dos servizos públicos municipais sen persoal suficiente para realizar os traballos e obrigando a contratar servizos con empresas privadas nalgúns casos ou deixar sen servizo outros como aconteceu coas patrullas da policía local.
Houbo que exixir no anterior mandato a cobertura de prazas en servizos esenciais (permitido no Plan de Axuste) para cubrir estas carencias como no caso mencionado da policía local, quen segue sen servizo nocturno, pero non se aceptou a cobertura de prazas noutros servizos, esenciais para o BNG, (ou a cobertura de servizos permitidos no Plan cada dúas vacantes cubrir unha) que cada día están máis mermados e necesitados de persoal que poida atender ás múltiples necesidades da veciñanza canguesa, servizo de limpeza viaria, servizo de obras, limpadores de edificios públicos e centros de ensino, xardiñeiros e un longo etc.
O plan de emprego da Deputación pode axudar a paliar esa falta de persoal nalgunhas áreas pero, consideran no BNG, «non é a solución tanto polo curto período de tempo de contrato como por non chegar para cubrir todas as prazas necesarias, o plan de emprego municipal aprobado no orzamento 2020, a iniciativa do BNG, para cubrir necesidades en materia de persoal e paliar ao mesmo tempo a grave situación de desemprego no noso concello tampouco é solución á carencia de persoal e non foi prorrogado neste ano 2021 nin foi posible a aprobación dun novo orzamento que incluíra un novo plan de emprego municipal pola negativa dun dos grupos que formaba o goberno ata hai pouco no actual
mandato.