Mellora da porta de acceso á Praza de Abastos de Seixo.

Mellorar a accesibilidade nos espazos públicos é fundamental para poder crear vilas máis integradoras, que consigan potenciar o uso do espazo público por parte de todos os colectivos sociais. E este obxectivo non pode ser só algo aplicable no centro urbano das vilas, senón tamén en todas as parroquias e os puntos do rural.

Neste sentido, Seixo está a gañar en accesibilidade coas últimas actuacións que se están a levar a cabo no seu corazón urbano. Por unha banda, xa quedan os últimos retoques da humanización da contorna da Praza de Abastos, creando toda unha gran praza urbana que é totalmente accesible para persoas con mobilidade reducida e que é un exemplo de recuperación dun espazo central dentro da parroquia que estaba moi desordenado previamente e que agora servirá para o esparexemento da veciñanza.

A esa actuación sumouse recentemente a renovación dunha das portas de acceso ao Mercado de Abastos. Tal e como informou esta mañá a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, “queríamos resolver o problema de accesibilidade que tiñamos neste espazo, que é público e moi utilizado por toda a veciñanza de Seixo. Renovar en ese sentido os nosos mercados e facelos de fácil acceso é fundamental para poñelos en valor e convertilos en sitios inclusivos”. Nesta actuación procedeuse á retirada da porta que existía, que non permitía o paso de persoas con mobilidade reducida, para instalar unha automática, composta por dúas follas móbiles outras dúas fixas con apertura central. Unha apertura que ten o ancheamento esixido pola normativa máis actualizada en materia de accesibilidade.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí