Despois dos últimos difíciles meses nos que os responsables do club estiveron a buscar apoios económicos para dar continuidade ao proxecto de LEB Ouro e conservar a praza que lle correspondía por dereito deportivo, os esforzos non chegaron a bo porto, polo que a entidade non poderá contar cun equipo na máxima categoría Feb a próxima campaña.

Nun momento tan complicado, tanto desde o punto de vista económico como social, resultou moi difícil para o club acadar os apoios suficientes para garantir a presenza nunha liga tan esixente.

O principal hándicap foi a imposibilidade de reunir os avales demandados pola Federación, xunto á incerteza e inseguridade que nos plantexa desde tódolos puntos de vista esta vindeira temporada (social, sanitario, económico e mesmo deportivo), unha crise que afecta a todos os ámbitos que dificulta en gran medida o poder garantir un mínimo presuposto para facer fronte a unha competición deste nivel.

A entidade estivo a piques de acadar un acordo cun inversor estranxeiro nas datas inmediatamente anteriores ao peche do prazo para presentar os avales, pero a escaseza de tempo imposibilitou que as negociacións permitisen facer o pagamento dos avales dentro do período definido pola Feb.

Por outro lado, o club traballou na obtención dunha praza en LF2 ante a posibilidade de ocupar unha das vacantes como reserva. Finalmente non houbo renuncias.

Os dirixentes dos club consideramos «unha mágoa que, despois de conquerir na pista por dúas veces unha praza tan importante, non poidamos sustentala economicamente»

O club continuará traballando nun proxecto forte de canteira e intentar volver a élite do basket galego e estatal. En breve convocarase asamblea para confeccionar unha nova directiva e marcar as liñas de futuro.

Primeira Nacional Feminina

O Marín Peixegalego competirá a próxima temporada en Primeira Nacional Feminina despois de solicitar a sua inclusión na liga. A solicitude foi aceptada por unanimidade das catro federacións do grupo no que competirá o conxunto peixe (Castilla-Leon , Asturias , Cantabria e Galicia).

Desta maneira comenza un novo proxecto no baloncesto feminino que ilusionaba desde hai moito tempo ao club marinense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *