Obras na Avenida de Ourense de Marín.

A actual ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras do Concello de Marín, é do ano 2004, polo que dende o goberno local propoñen unha modificación para adaptala á actualidade.

Tal e como expuxo o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, no último Pleno,
solicitou a aprobación inicial desta ordenanza cuxo texto se acordouse coa Asociación Polos Nosos Dereiros, para tratar de fomentar a realización de obras de modificación, reforma ou rehabilitación de edificios ou locais comerciais xa existentes que teñan como fin favorecer as condicións de acceso das persoas con
discapacidade. «Considéramos necesario incorporar á ordenanza fiscal unha
bonificación para incentivar ditas obras», expoñen.

Na proposta que se trasladou para que inicie o seu trámite, o goberno de Marín plantexa unha bonificación do 90% a favor das construcións, instalacións e obras de acondicionamento e adaptación de oficinas, locais comerciais e resto de inmobles do sector servizos e dos elementos comúns de vivendas colectivas, xa existentes, que se realicen co fin de favorecer as condicións de acceso das persoas con discapacidade.

Aos efectos desta bonificación entenderase por construcións, instalacións e obras necesarias para o acceso das persoas con discapacidade aquelas que teñan este fin e impliquen a reforma interior ou o acceso dende a vía pública dunha oficina, local comercial ou inmoble do sector servizos. Igualmente comprenderán a modificación dos elementos comúns dun edificio que sirvan de paso necesario entre a finca urbana e a vía pública, tales como escaleiras, ascensores, corredores, portais ou calquera outro elemento arquitectónico.

Tal e como se comentou tamén en dita reunión coa Asociación, se propón unha Disposición Transitoria na ordenanza para delimitar o ámbito temporal de actuación para as obras solicitadas ou comunicadas ata o 31/12/2023.

Aproveitando a modificación desta ordenanza, e sendo ésta tan antiga, e como
se inclúe no seu texto referencias a normas que xa foron modificadas, se aproveita para corrixir esta situación e dotar de maior claridade e seguridade ao texto.

Polo tanto o obxectivo polo que splantexa e se toma a decisión de modificala e de introducir estes cambios na ordananza do ICIO Imposto de Construccións, Insalacións e Obras é o de incentivar a eliminación de barreiras arquitectónicas e a mellora da mobilidade nos locales comerciais e elementos comúns dos edificios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *