A A Asociación do Museo do Mar de Marín homenaxeará o vindeiro día 25 ás mulleres do mar. Será con motivo da celebridade de San Miguel, a través dun festival que se organizará na Alameda Rosalía de Castro a partir das seis da tarde. O festival contará coas actuacións dos grupos Airiños do Mar de Teis e Cantareiras de Marín, e da solista Zeltia Irevire. Ademais, proxectáranse unha colección de
grabacións a través das cales se amosará o labor realizado polas mulleres ao longo do tempo en relación con mar, especialmente na vila de Marín.
O edil Manuel Santos presentou xunto co presidente da Asociación, José Antonio Pérez Santiago, este evento, que “pretende ser unha merecida homenaxe ás mulleres do mar, que de xeito público ou anónimo contribuiu ao desenvolvemento de Marín”, en palabras de Pérez Santiago.