O lavadoiro da Roza de Marín.

O Concello de Marín, na súa liña de mellorar e de integrar a nivel paisaxístico os
lavadoiros da vila, levará a cabo unha obra de substitución da cuberta do lavadoiro da
Roza. Esta actuación conlevará tamén o acondicionamento da súa fonte e do seu entorno,
facendo un traballo integral de remodelación deste enclave etnográfico, turístico e
cultural.

Actualmente, este lavadoiro non conta cunha cuberta axeitada, aínda que todavía
conserva os muros da antiga. Os traballos realizaranse con cargo a unha subvención da
Axencia de Turismo de Galicia, que investirá 10.413,46 euros.

Esta actuación será similar á que se levou a cabo no lavadoiro Río de Casás, onde a
mellora foi notable e onde a paisaxe quedou moitísimo máis integrada.

Ademais, o Concello, coa vista posta en poñer en valor os lavadoiros, lanzou hai pouco
unha web (lavadoirosdemarin.com) na que se poden consultar todos os lavadoiros, cunha
galería fotográfica, a súa ubicación e características.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí