O concelleiro Manuel Santos e Ivana, do ARI, nas instalación do Concello de Marín.

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, explicou que se vén de solicitar unha subvención para a redacción deste documento, que rexerá as condicións urbanísticas que aplicarán nestas zonas que requiren dun tratamento especial para a súa conservación

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, expuxo na Comisión Informativa da súa área que o Concello está en proceso de solicitar unha subvención para a redacción do Plan Especial de Protección para o casco antigo e para Cantodarea, dúas zonas da nosa vila que, polas súas particularidades, requiren dun especial tratamento a nivel urbanístico para garantir a conservación da súa esencia e do patrimonio.

Tal e como explica Santos, “no PXOM xa se recolle a necesidade de crear este plan especial para estas dúas zonas, co obxectivo de marcar as directrices urbanísticas que permitan desenvolver proxectos nelas”. Xa que, ata o momento, nestes espazos só está permitido conservar e manter o que xa está construído.

O prazo de redacción do plan é de aproximadamente entre 3 e 4 anos, xa que se vai realizando un plantexamento parcela a parcela, e estímase unha inversión necesaria de 200.00 euros para realizar este labor.

O obxectivo final, tal e como indicou o edil, “é poder seguir desenvolvendo urbanísticamente Marín pero sen perder o foco da nosa arquitectura e fisionomía e respectando a tradición urbanística do espazo histórico e dun barrio tan tradicional e mariñeiro como é Cantodarea”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *