A obra forma parte dun proxecto conxunto de mellora da conectividade e a accesibilidade na rede viaria municipal
O goberno local de Cangas traballa nun plan global de acondicionamento da rede viaria tanto do casco urbano como das parroquias do municipio co obxectivo de optimizar a conectividade entre os diferentes puntos da localidade, incluíndo sempre que é posible actuacións que favorezan a accesibilidade universal. Este é o marco xeral das contratacións que se están a realizar nos últimos meses e na que se inclúe a dotación dunha nova capa de rodadura para a Avenida de Galicia.
Trátase dunha das principais arterias de comunicación interna de acceso ao centro de Cangas que soporta un elevado volume de tráfico e que presenta un avanzado deterioro, do escamación do asfalto, charcos, gretas e baixa compactación nalgúns puntos nos que se soterraron servizos.
A obra sae a contratación por un importe de 38.405,99 euros para actuar nunha superficie de 2.580 euros no tramo de confluencia ca rúa San Xosé.
Os traballos a realizar consisten no fresado do pavimento actual e a apertura dunha caixa no firme con motoniveladora como pasos previos para a preparación da superficie para o aglomerado en quente do trazado.
A actuación, segundo explica a alcaldesa, Victoria Portas, xa sew pode actuar tras recibir hoxe a autorización da Xunta e inclúe a canalización das augas pluviais para evitar que as escorrentías danen no futuro o pavimento, así como o recalce das tapas de rexistro e o repintado da rúa. Pretendemos seguir con diferentes actuacións en dito vial para crear unha verdadeira avernida, ensanche na U5, cambio de beirarrúas, a realización do muro nos xulgados…