O goberno local di que o departamento da Xunta desoe as alegacións presentadas por Vilaboa e insta ao pago de 352.853 euros

O Concello de Vilaboa informa de que acaba de recibir un requerimento de Augas de Galicia para abonar 352.853,39 euros por “incumprimentos na facturación do canon da auga ou falta de autoliquidación desde o ano 2016”. Desta cantidad 42.959,63 euros corresponden a xuros de demora. Augas de Galicia desestimou as alegacións presentadas polo Concello de Vilaboa que dende hai varios anos decidiu non repercutir nos veciños o canon da auga debido á situación peculiar do municipio, esencialmente rural e con numerosas traídas comunais e veciñais, cobrando no recibo a taxa de sumidoiros.

Sen embargo, din dende o goberno, e segundo Augas de Galicia fai constar no seu requerimento, o Decreto 136/2012 do 31 de maio que aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de verquidos a sistemas públicos de depuración de residuos obriga aos concellos a autoliquidar ao ente autonómico de xeito cuadrimestral estas cantidades. Esto quere decir que o Concello está obrigado por lei a repercutir este canon nos recibos semestrais dos veciños para despois ingresar estas cantidades a Augas de Galicia.

“Utilizamos todos os argumentos legais ao noso alcance para evitar este pago mais Augas de Galicia non ten en conta a peculiaridade de Vilaboa e aplica o Decreto de xeito estricto”, explica César Poza. Esta decisión de Augas de Galicia incrementará xa o recibo aos contribuintes deste último semestre de 2021, no que se incluirán 24,12 euros para abonar a cantidade requerida pola Xunta de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *