A chegada de augas pluviais e do mar aos colectores dispara os sobrecostes eléctricos dos bombeos
O Concello de Vilaboa vai auditar as redes de saneamento municipais para detectar os puntos de funcionamento incorrecto e implementar as actuacións necesarias para optimizar o seu rendimento.
Unha subvención de Augas de Galicia por importe de 14.488,29 euros facilitará a cofinanciación da execución da auditoría das redes de saneamento do Concello para a detección de infiltracións.
O Concello de Vilaboa conta cunha extensa rede de saneamento, con máis de 89 kilómetros de colectores e 21 estacións de bombeo. Un dos problemas máis importantes na xestión do sistema de saneamento é a entrada de altos volumes de infiltración de augas blancas, augas do mar e augas pluviais aos colectores, provocando problemas de funcionamento, posibles alivios do exceso de caudal e sobrecostes eléctricos dos bombeos e na xestión.
A execución da auditoría servirá para coñecer en detalle as deficiencias existentes e realizar unha proposta concreta e priorizada de medidas correctoras para reducir as infiltracións nas redes de saneamento de Vilaboa.