Decorar unha fiestra, un balcón, unha escaleira ou a fachada enteira é suficiente para facerse cunha das tres cestas que se levarán os gañadores
O Concello de Vilaboa quere poñer a proba o espíritu de Nadal da veciñanza e acaba de convocar un concurso de decoración no que convida a participar a veciños e veciñas de todas as parroquias. Para facelo basta con ambientar unha fiestra da vivenda, o balcón, toda a fachada ou o recuncho que cada quen escolla.
Logo hai que fotografiar o resultado e enviar a imaxe, xunto coa dirección da vivenda e un número de teléfono de contacto, a turismo@vilaboa.org antes do 10 de decembro.
Un xurado integrado por membros da administración local visitará cada unha das vivendas participantes no concurso entre o 10 e o 17 de decembro para escoller aos gañadores que recibirán os seus premios, tres cestas cheas de produtos típicos destas datas, antes do 23 de decembro.
O xurado premiará a creatividade, a orixinalidad, a iluminación e o espíritu de Nadal de cada vivenda participantes xa que o obxetivo é que esta convocatoria decorativa contribúa a recuperar a normalidade despois da pandemia creando unha sinerxia social entre parroquias para descubrir novos decorados.
O Concurso de Nadal busca tamén convidar á veciñanza a sair da casa, dinamizando o consumo nos establecementos locais co pretexto de gozar do alumeado.
Esta iniciativa extende a todo o municipio a ambientación de Nadal que desde hai varios anos promove a asociación de veciños de Figueirido na súa parroquia e que este ano organiza novamente.