As obras a realizar nas rúas Preguntoiro-Coto de Cangas inclúense no Plan Concellos 2022-2023 . Dito proxecto, dotará dun recurso necesario na mobilidade da veciñanza de Viñó e dos seus visitantes a un ámbito no que se pon en valor o ámbito no que se atopa e a súa protección. Esta actuación desenvolverase coas premisas de mobilidade e seguridade que o goberno local pretende implantar en todo os núcleos de poboación do Concello e principalmente os de maior incidencia de vehículos e sempre coa premisa da maior protección medioambiental da contorna, por ese motivo son acabados, dimensións e materiais utilizados están autorizados por diferentes administracións.
Tras un ano de requerimento de permisos e estudos, en este intre o Concello conta xa coa autorización de Costas de Galicia, Costas do Estado, Augas de Galicia e procederá nos próximos días a realización das catas solicitadas por Patrimonio como paso último para levar a cabo dito proxecto, que durante o mesmo tamén contará con control arqueolóxico.
“Esta obra forma parte do proxecto global de mobilidade sostible emprendido xa fai dous anos, donde se non fora pola colaboración da veciñanza e das Asociacións de veciños non sería posible. Proxecto no que se atopa o vial de Donón, Areamilla… e nos que se dará continuidade con outros nos restantes núcleos , e que por atoparse en espazos de alta protección non van tan rápidos como desexasemos pero que darán a oportunidade de desfrutar da nosa contorna dunha forma máis sostible e amable, pois a persoas somos o primeiro”, apunta Victoria Portas