Os menores coa alcaldesa e os seus diplomas tras a entrega onte no Concello de Cangas.

Os gañadores deste ano no Certame de Nadal con Vida que organizou o Concello de Cangas sobre decoración de rúa foron:

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal coa temática ERA RODOLFO UN RENO

CEIP Nazaret coa temática Pingüíns Pomposos no Gran Polo Norte de Cangas

CEIP A Rúa cun Nadal con Moita Arte

Ainda que estes foron os premiados, participaron tamén os CEIP Plurilingüe San Roque, CEIP Castrillón e CPR Compañía de María.

En canto aos Beléns escolares, foron 9 as propostas que chegaron dende o CPR Compañía de María, CPR Casa de la Virgen e CPR Sagrada Familia. E os galardons finalmente recaeron en

«Funny BelénGummy» de Compañía de María

«O invernadoiro do Neno» de Sagrada Familia

Estampa Navideña» de Casa de la Virgen

Dende as Concellerías de Cultura e de Xuventude e Voluntariado de Cangas, agradecen a participación e esforzo de tódalas/os participantes e a implicación de centros, mestres e familias para decorar as nosas rúas e colaborar a estender entre os veciños o espírito navideño.        

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *