A intervención, que buscará poñer a punto os desperfectos aparecidos no inmoble polo uso e o paso do tempo, incluirá traballos nas cubertas, as fachadas, as estruturas metálicas, os vestiarios e o ximnasio
A posta a punto e mellora das instalacións deportivas municipais é un obxectivo que ten por diante o Goberno local, para poder seguir ofrecendo espazos de calidade nos que tanto o deporte marinense como os afeccionados a el poidan desfrutar ao máximo nivel da súa práctica.
Dentro desta liña, o Concello anunciou esta mañá que se adxudicará nos próximos días o proxecto de mellora e mantemento das instalacións da piscina municipal á empresa Sergonsa, que resultou ser a que presentou a oferta máis vantaxosa na licitación, á que concurriron tres empresas.
Estes traballos suporán intervencións nas distintas partes do inmoble: as fachadas, as cubertas, as estruturas metálicas e o interior dos vestiarios e do ximnasio. Dentro do proxecto, ademais, valórase a desmontaxe completa da instalación actual que hai de paneles solares, xa que nestes momentos está obsoleta.
Quitarase a estrutura de aluminio e vidro do tellado para repoñela, algo semellante ao que se fará co lucernario que ilumina o graderío da piscina, que tamén está nun estado comprometido. Asemade, excutarase unha nova cuberta e reirarane todas as mallas metálicas que serven de peche e que non estean en boas condicións. Farase unha luimpeza xeral das fachadas e renovaranse aqueles paneis que así o precisen por presentar deterioros.
No que respecta aos vestuarios, renovarase o pavimento existente e demolerase o falso teito continuo de ferro de escaiola, mentres que no ximnasio tamén se levantará o entarimado de madeira para substituílo por baldosas de gres antideslizantes.
O orzamento que se destinará a este proxecto será cercano aos 437.000 euros, que irán con cargo ao Plan Concellos deste ano, e terá un prazo de execución de 4 meses.