O paraugas que o comercio do Morrazo prestará aos clientes.

Ademais da Campaña de Nadal tradicional de dinamización comercial onde se premian as compras no comercio local das vilas do Morrazo con 15.000€ en premios, Fecimo pon en marcha campañas paralelas para os máis pequenos do fogar como será a volta da tan agardada Xincana Infantil de nadal ou a campaña dirixida a por en contacto a Papá Noel e os Reis Magos cos nenos e nenas do Morrazo a través do Comercio Local.

Este Nadal, como novidade, incluímos un novo sorteo de 600€ en premios entre as cartas de Papá Noel e as dirixidas aos Reis Magos que os máis pequenos do fogar cubran e depositen nos establecementos asociados de Comercio do Morrazo que participen nesta promoción.

Nestas datas tan especiais, os rapaces poderán adquirir nas empresas as súas CARTAS para enchelas con todos aqueles DESEXOS que queiran pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos, e depositalas nos BUZÓNS DE NADAL habilitados en cada establecemento, para entrar nos sorteos que realizarán nas localidades de Bueu, Cangas e Moaña.

A finalidade destes sorteos é que a MAXIA DO NADAL faga realidade algún destes anhelos cos premios acadados.

Esta promoción terá lugar do 5 de decembro do 2022 ao 5 de xaneiro de 2023.

PREMIOS

Sortearanse 600€ en premios repartidos entre as localidades de Bueu, Cangas e Moaña:
– 4 PREMIOS de 50€ por localidade entre as cartas dirixidas a Papá Noel.
– 4 PREMIOS de 50€ por localidade entre as cartas dirixidas aos Reis Magos.

DATAS DOS SORTEOS

Os sorteos terán lugar os días venres, 23 de decembro 2022 e xoves, 5 de xaneiro de 2023, polo que pasarase a recoller as cartas polos establecementos os días xoves 22 de decembro e mércores 4 de xaneiro.

Notificarase aos nen@s gañadores/as mediante unha VIDEOCHAMADA por parte de PAPÁ NOEL ou dun REI MAGO, respectivamente. Por último, farase entrega dos premios en TARXETAS REGALO no establecemento onde foi depositada inicialmente a carta premiada.

Dende O Comercio local quérese que este ano a maxia do nadal volva inundar as rúas e os comercios das nosas vilas e a xente do Morrazo volva desfrutar de todas as vantaxes e facilidades que ofrece o comercio de proximidade.

Comprando no comercio local a xente inviste no seu territorio. Contribúese a fortalecer a economía das nosas vilas e a xerar movemento que mellore a calidade de vida dos veciños e veciñas das nosas vilas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *