O goberno local no acendendo a luz de Nadal no 2020.

Finalmente, Moaña terá iluminación pública do Nadal. Segundo informa o concelleiro de Cultura, Carlos Juncal, a empresa Creaciones Lumínicas del Salnés será a encargada de instalar 120 arcos e 77 motivos nos farois das rúas de Moaña.

A instalación do cableado do que colgarán os arcos comezará este mércores e espérase que o 15 de decembro estea terminada a colocación de toda a iluminación do centro urbano para que esa mesma serán poida realizarse o aceso oficial na praza do Concello como vén sendo habitual nos últimos anos. A iluminación das parroquias irase acendendo progresivamente, conforme se vaia colocando, para que o 20 de decembro como moi tarde todas as parroquias e o centro brillen como en anos anteriores.

Moaña adxudicou a instalación das luces de Nadal a Creacións Lumínicas do Salnés por 35.000 euros, a mesma cantidade pola que sacou a licitación e que quedou deserta. Por este motivo produciuse un atraso que custou as críticas da oposición e do comercio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *