Unha da rúas comerciales de Marín.

O Concello de Marín, xunto coa asociación Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, vai poñer en marcha unha nova edición de ‘Noite Estrela’. Trátase dunha acción de dinamizacion comercial que consiste en manter abertos os establecementos dende as 20:00 ata as 00:00 horas, o próximo 9 de setembro, ofrecendo aos clientes descontos e promocións, tanto nos produtos de rebaixas como nos de nova tempada ou en produtos seleccionados.

Esta campaña será a 9ª edición, levándose a cabo durante varios anos e que quedou suspendida durante a pandemia.

Poderán participar tódolos comerciantes de Marín, petenezcan ou non a asociación Estrela de Marín.

Os que estén interesados en participar poderán facelo poñéndose en contacto co Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, teléfono: 986891112 ou chamando á Alcaldía do Concello, teléfono: 986881000

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *