O edil Xosé Daniel Costas co cartel da xornada.

O Concello de Moaña e a Comunidade de Montes de Domaio presentan unha ‘Noite de Estrelas’. Será o xoves 25 de Agosto ás 21:30 en Chan d´Arquiña, no mirador dos Candóns, e a entrada será de balde. Unha xornada de observación astronómica da man do Instituto de Estudos MIñoranos, unha institución afincada en Gondomar que leva moitísimos anos traballando na difusión da cultura e do patrimonio, material e inmaterial. Trátase de xornadas explicativas do ceo para aprender os coñecementos básicos para comezar a observar as estrelas.

Por parte do IEM asistirá Bruno Centelles García, un dos componentes que mais tempo leva traballando esta sección astronómica.

A escolla do día ten moito que ver con que nesa semana daranse unha boas condicións de lúa para realizar a observación neste mes de agosto e que fora neste punto, ten que ver con ter unha situación alta e aberta por todos os horizontes para aproveitar o máximo posible o ceo estrelado.

A actividade durará 90 minutos durante as cales poderanse aprender e preguntar aquelas dúbidas que teñan sobre o ceo e a observación de estrelas.

Esta actividade está pensada para todas aquelas persoas que queiran gozar do ceo e do monte, ou ben soas ou acompañadas en familia ou con amizades, para nenos e para adultos. Enmarcase dentro das actividades de respecto medioambiental da concellaría de Medio ambiente e concellaría de Mocidade do Concello de Moaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *