Estado da fachada tras o incendio.

O incendio intencionado dun contedor esta madrugada en O Con, na Avenida José Costa Alonso, á altura do número 100, danou gravemente a parte traseira dun coche que se atopaba aparcado e da fachada dunha vivenda. Ocorreu ás 5:30 horas desta madrugada.

Foron os propios veciños os que con mangueiras conseguiron apagar o lume, polo que non foi necesario que se trasladasen os Bombeiros do Morrazo. Si o fixo a Policía Local de Moaña, que revisou os danos.

O vehículo danado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *